InicioOccidentalO Vicedo"Canique", "Pepe" e "Darito".... O Vicedo acollerá o documental dos protagonistas de...

“Canique”, “Pepe” e “Darito”…. O Vicedo acollerá o documental dos protagonistas de “Ecos da Galerna do 61”

O documental, que conta a historia do temporal que deixou 83 falecidos, tamén se estreará en O Barqueiro e Espasante, Será o día 10 de xullo.

Publicada o

- Advertisement -

“Ecos da Galerna do 61” conta a historia dos mariñeiros que en xullo do 1961 se enfrontaron a unha galerna cando participaban na costeira do bonito en alta mar. O acontecemento deixou un gran impacto socioeconómico que aínda pervive na transmisión oral.

Como homenaxe aos 83 mariñeiros falecidos e ás súas familias, a Asociación Nordés, en colaboración co concello de O vicedo, produciron un documental realizado por Pinacho Audiovisuais. A produción audiovisual estrearase os días 10, 11 e 17 nas localidades de O Vicedo, O Barqueiro e Espasante. As proxeccións, con reserva telefónica previa, realizaranse nos respectivos días ás 19:00h na Casa da Cultura do Vicedo, no Centro Sociocomunitario de Mañón e no Centro social de Espasante.

Esta mediometraxe relata o acontecido nese mes de xullo do 61, e participan nela “Canique”, “Pepe” e “Darito”,  membros da frota boniteira, e Hixinio Puentes como colaborador no aspecto histórico. Ricardo Bellas, do colectivo Nordés, sinala que “este suceso sempre foi un tema tráxico habitual nas conversas dos fogares, meu tío viviuno en primeira persoa. Pensamos que podía ser unha boa cousa homenaxear a quenes o padeceron e recoller as historias tan duras que viviron. Como moitos deles teñen máis de 80 anos, era o momento de facelo”.

 

 

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...