InicioOccidentalO VicedoCae a banda que se adicaba a roubar os coches aparcados no...

Cae a banda que se adicaba a roubar os coches aparcados no Fuciño do Porco, no Vicedo

Trátase de tres persoas que fuxían sempre cara as Pontes.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da operación cachola, detivo a un veciño das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) , de 31 anos de idade, como suposto autor de 12 delitos de roubo con forza nas cousas e identificou a dous presuntos colaboradores nos feitos delituosos. Os feitos tiveron lugar nos meses de marzo e abril en vehículos aparcados n Fuciño do Porco” no Vicedo. Ademais, os detidos realizaron roubos no Barqueiro e en Fene.

Os presuntos autores realizaban vixilancias previas sobre os vehículos estacionados en lugares apartados e pouco concorridos, e tras comprobar a ausencia de posibles testemuñas pola zona utilizaban unha chave de cambiar rodas para romper un cristal do vehículo elixido e subtraer do interior o que consideraban de valor.

Na fuxida desprendíanse da maioría dos obxectos que puidesen relacionalos cos roubos. Con todo,  a dirección de fuxida marcaba sempre cara a zona das Pontes. A investigación continúa aberta, non descartando novas detencións. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...