InicioOccidentalUn campamento concentrará as actividades da Romaxe Viquinga

Un campamento concentrará as actividades da Romaxe Viquinga

A asociación irlandesa Lake Vikings participará na cita, que o Concello impulsa o 27 e 28 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

A tercera edición da Romaxe Viquinga do Vicedo, que será os días 27 e 28 de xullo, contará con novidades. Unha delas será a concentración das actividades, tralo desembarco, nun campamento central en lugar dos asentamentos cristián e viquingo dos anos anteriores.

O alcalde vicedense, Jesús Novo, sinala que isto permitirá “acabar cunha certa dispersión que se deu o ano pasado e facer máis cómoda a festa para quenes se acheguen a desfrutar da Romaxe Viquinga”, asegurou.

A presentación do evento contou coa presenza do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e dos artistas Enrique Domínguez e Andrea Pousa (Queiman & Pousa), os encargados de levar o peso organizativo da cita.

INTERCAMBIO GALICIA-IRLANDA

Os organizadores destacaron que a Romaxe Viquinga 2018 contará tamén cun intercambio cultural entre Galicia e Irlanda coa participación da asociación Lake Vikings de Dublín. O programa incluirá un torneo medieval, espectáculos de lume e enterramentos e vodas viquingas.

Novo asegurou que a cita “está deseñada para chegar ao maior número de xente posible”, para o que se presentará, ademais de na capital de provincia, o día 10 de xullo na Casa de Galicia de Madrid. O rexedor tamén recalcou a popularidade do pregoeiro, o actor Antonio Durán Morris, que está a triunfar a nivel nacional coa serie ‘Fariña’.

O CONCELLO PRESENTARÁ A CITA NA CASA DE CULTURA DE GALICIA, EN MADRID

Balseiro, pola súa banda, asegurou que “O Vicedo está de moda polo Fuciño do Porco e a Romaxe Viquinga, que o Concello fai un esforzo por organizar e que hai que vivila”.

CERTAME DE DEBUXO

Antes da presentación tivo lugar a entrega de premios do concurso de debuxo infantil Romaxe Viquinga. Establecéronse dúas categorías segundo a idade, e os gañadores foron Alba Pereira Martínez e Alberto Pedre Solloso. Ambos levaron un lote de libros como premio ao seu traballo.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...