InicioOccidentalO VicedoAuxilian un home no Fociño do Porco no Vicedo

Auxilian un home no Fociño do Porco no Vicedo

O afectado atopábase a uns 200 metros do lugar máis próximo ao que podía acceder a ambulancia.

Publicada o

- Advertisement -

Un home foi auxiliado polos servizos sanitarios tras sufrir unha indisposición cando se atopaba no Fuciño do Porco, ruta situada no municipio do Vicedo.

Tal e como trasladou o 112 Galicia, recibiron unha chamada dun particular ás 14.15 horas deste sábado, na que se indicaba que un home se atopara mal e, posteriormente, desmaiara.

O afectado atopábase a uns 200 metros do lugar máis próximo ao que podía acceder a ambulancia.

Ata o punto desprazáronse membros do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, os bombeiros –por se era necesario rescatar o home–, Protección Civil e a Garda Civil.

Finalmente, o home puido desprazarse polos seus propios medios ata o punto onde se atopaba a ambulancia. Alí, foi atendido polos sanitarios.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...