InicioOccidentalO VicedoO BNG do Vicedo pide vivenda pública para frear o despoboamento rural

O BNG do Vicedo pide vivenda pública para frear o despoboamento rural

O plan destaca a grave falta de alugueiros a prezos razoables como un dos principais motivos da perda de habitantes

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Municipal do BNG do Vicedo vén de presentar unha moción para o seu debate no próximo pleno co obxectivo de poñer en marcha o “Plan Rexurdir O Vicedo”. Esta iniciativa busca dar unha resposta integral á crise de despoboamento que sofre o municipio, centrando os seus esforzos en tres piares estratéxicos: o acceso á vivenda, o impulso ao comercio local e a dinamización das parroquias.

Miguel Gómez Fraga, portavoz do BNG na corporación, subliñou que “un Concello sen comercio e sen servizos está condenado ao despoboamento”. Tras a recente presentación do Plan Emprende Terras do Sor, os nacionalistas dan un paso máis propoñendo mecanismos concretos para fixar poboación e atraer a novas familias ao rural vicedense.

O plan destaca a grave falta de alugueiros a prezos razoables como un dos principais motivos da perda de habitantes. O BNG propón que o Concello se dote de vivenda pública, xa sexa mediante nova construcción ou a adquisición e rehabilitación de inmobles baleiros. Para iso, a moción insta a buscar o respaldo financeiro da Xunta de Galicia e o Goberno do Estado. No eido comercial, Gómez Fraga aposta por unha economía circular que vincule a produtores e comerciantes.

Na proposta recóllese tamén a creación dun parque de locais comerciais con alugueiros bonificados xestionado polo propio Concello.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...