O Concello do Vicedo organiza este 11 de decembro ás 17:30h para os nenos e nenas de primaria e ás 19h para o resto da poboación, a presentación do cómic O Día de San Martiño, do autor Cristian F. Caruncho. Este Western ambientado no rural galego foi galardoado co premio Castelao de Banda Deseñada e continúa a liña dos anteriores traballos de Cristian cun cómic cargado de humor e esencia galega.
Durante a presentación poderase asistir a como foi o proceso creativo da obra, chea de anécdotas así como facerlle calquera pregunta sobre a mesma.
Cristian F. Caruncho é o ilustrador encargado durante os últimos anos dos carteis oficiais da Romaxe Viquinga do Vicedo, carteis que veñen triunfando ano tras ano polo bo facer de Cristian.
