InicioOccidentalO VicedoO PSdeG do Vicedo reclama á Xerencia melloras no servizo médico

O PSdeG do Vicedo reclama á Xerencia melloras no servizo médico

"Con esta reunión demostramos que podemos estar da man da veciñanza nas manifestacións e, ao mesmo tempo, actuar con diálogo e responsabilidade como representantes políticos", conclúen desde a agrupación socialista

Publicada o

- Advertisement -

 O Grupo Municipal Socialista do Vicedo reuniuse este xoves cos máximos responsables da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, co obxectivo de abordar a inestabilidade do servizo médico no municipio, unha das principais preocupacións trasladadas pola veciñanza nas xornadas de escoita organizadas polo grupo.

Desde a agrupación explican que, tras completar a primeira rolda de encontros Escoitámosvos, “unha das preocupacións máis repetidas foi a falta de estabilidade do servizo médico no noso concello”. “Non dubidamos en chamar ás portas necesarias para buscar respostas a todas as preguntas da nosa veciñanza, porque mentres o noso alcalde só parece preocuparse polo verán, nós preocupámonos polo Vicedo todo o ano”, engadiron.

Na xuntanza, os representantes da Área Sanitaria, Ramón Ares Rico (Xerente), Fernando José Fernández Lamelo (Director Asistencial) e Jonathan Benxamín Grandío Gómez (Director de Atención Primaria), trasladaron ao grupo socialista que a situación actual no Vicedo é de tranquilidade, logo dun tempo complicado con anterioridade.

Desde o PSdeG do Vicedo explican que “insistimos en buscar medidas que dean estabilidade no tempo e que fagan do noso concello un destino atractivo para as e os médicos”.

“Con esta reunión demostramos que podemos estar da man da veciñanza nas manifestacións e, ao mesmo tempo, actuar con diálogo e responsabilidade como representantes políticos”, conclúen desde a agrupación.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...