InicioOccidentalO VicedoO PSdeG do Vicedo presentará unha moción para melloras no saneamento

O PSdeG do Vicedo presentará unha moción para melloras no saneamento

A iniciativa responde a unha situación no municipio onde, segundo o PSdeG, numerosas parroquias e núcleos de poboación carecen de rede de saneamento ou dispoñen de instalacións deficientes.

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Municipal Socialista de O Vicedo levará ao pleno do vindeiro mércores 30 de xullo unha moción na que reclama un plan integral para mellorar o saneamento da auga en todo o termo municipal.

A iniciativa responde a unha situación no municipio onde, segundo o PSdeG, numerosas parroquias e núcleos de poboación carecen de rede de saneamento ou dispoñen de instalacións deficientes. Esta realidade supón un risco para a saúde pública, o medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza.

A moción insta ao goberno local a realizar un estudo técnico urxente que identifique os puntos críticos e as zonas sen servizo, así como a elaborar un Plan Municipal de Saneamento que defina prioridades, prazos e previsións orzamentarias. O PSdeG propón tamén solicitar financiamento á Deputación de Lugo, á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado, para levar a cabo as actuacións necesarias.

Ademais, a proposta socialista inclúe establecer un calendario de actuacións co compromiso de iniciar as obras nas áreas máis afectadas e garantir que a veciñanza reciba información clara e transparente sobre os plans e prazos previstos. “Estamos a falar dun dereito básico da cidadanía, que afecta á calidade de vida, á salubridade das vivendas e ao futuro do noso medio rural”, explican desde a formación.

Os socialistas agardan que a moción conte co respaldo do resto da corporación municipal. “O acceso a un saneamento eficaz é un dereito básico e unha obriga das administracións públicas. A situación en moitas parroquias do Vicedo, que seguen sen rede ou con instalacións deficientes, supón un risco para a saúde, o medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza”, conclúen.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...