InicioOccidentalO VicedoPresentación do programa da VIII Romaxe Viquinga do Vicedo

Presentación do programa da VIII Romaxe Viquinga do Vicedo

Publicada o

- Advertisement -

 Vicedo celebra o venres e o sábado a oitava edición da Romaxe Viquinga, que impulsa o concello co apoio da Xunta de Galicia. A Delegación Territorial de Lugo acolleu este mércores a presentación da programación, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do municipio, Jesús Novo, e o dúo Queiman e Pousa, que colabora na organización, entre outros.

O pregón da romaxe terá lugar no exterior da Casa da Cultura do Vicedo ás 20.30 horas do venres, e correrá a cargo do actor e guía turístico Suso Martínez. A actividade continuará nas rúas da localidade con música, combates e exhibicións a cargo das asociacións de recreación histórica Cabaleiros Rías Altas, Hípica Celta, Gandalf e Caballeros Bergidum Templi.

O escenario do sábado será a praia de Area Grande de San Román, que acolle os campamentos viquingo e cristián e as numerosas actividades que se sucederán ao longo da xornada, como obradoiros, pintacaras, xogos tradicionais, clase de runas, talleres de coiro, contacontos ou un concurso para premiar as mellores caracterizacións.

Ás 12.45 horas comezará o acto principal, o desembarco viquingo; entre os espectáculos destacan tamén unha voda viquinga, o torneo e, xa pola noite, un enterramento. O apartado musical estará cuberto con diversos pases durante o día dos grupos Perkusiona, Pelepau e Asher Sons Folk.

Arias subliñou a “rápida consolidación desta cita de recreación histórica, que acada a súa oitava edición consolidada como un dos principais reclamos turísticos da Mariña“. Ao respecto, destacou “o empuxe do Concello do Vicedo” e lembrou que a romaxe “contou co apoio do Goberno galego desde o primeiro momento”.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...