InicioOccidentalO VicedoO BNG do Vicedo leva ao pleno varias demandas como punto limpo...

O BNG do Vicedo leva ao pleno varias demandas como punto limpo e rede viaria

Publicada o

- Advertisement -

No pleno a celebrar na casa consistorial de O Vicedo este mércores 28 de maio trataranse diversos temas que presenta o BNG e que son demandas dos veciños e veciñas nas que en moitos casos o concello eternízase na resposta ás mesmas.

O portavoz nacionalista Miguel Fraga anuncia que propoñerá á alcaldía a reparación urxente do vial da Paleira, que está nun estado lamentable e une as parroquias de Cabanas (O Vicedo) e Galdo (Viveiro), polo que instará ao alcalde a iniciar conversas co Concello de Viveiro para a reparación desta importante via.

No referido aos viais, o Bng insta tamén ao goberno municipal a proceder á limpeza de maleza na rede viaria local, algo que debera estar previsto, planificado e calendarizado con anterioridade para que os traballos de limpeza sexan eficaces e eficientes.

Accesos ao apeadoiro de Fogueiro en estado deplorable

O vial de acceso ao apeadoiro e á decantadora de Folgueiro precisa dunha reparación urxente, pois o asfalto é xa inexistente, as arquetas presentan un estado deplorable, con tapas soltas e apoios danados, “o que o convirte nun vial totalmente inseguro, polo que non pode haber máis dilación en acometer a obra de reparación, pois leva anos así, e oportunidades houbo para conseguir financiamento para a mesma, coma por exemplo cos Plans da Deputación” afirma Miguel Gómez.

Gómez propoñerá tamén ao goberno municipal presidido por Jesús Novo adoptar medidas para garantir o suministro eléctrico no caso de apagóns, ben por temporais, ou ben por outras causas como pasou o pasado 28 de abril. Para eso propón a implantación de métodos alternativos que alimenten de enerxia en caso de emerxencia os servizos básicos coma o Centro de Saúde, o PAI, o colexio, a Casa do Concello e a infraestrutura de suministro de auga, instalando xeradores eléctricos.

Moción para a creación dun punto limpo para plasticos agrícolas

Esta é unha vella demanda de agricultores, gandeiros, e do BNG, que xa levou o asunto a pleno con anterioridade, sen que o goberno de Jesús Novo fixera absolutamente nada ao respecto. É por eso que os nacionalistas proponen nesta mocion a creación dun punto limpo para plásticos agrícolas, tramitar o seu financiamento co que se percibe do Fondo de Compensación Amblental, e modificar a RPT para ter persoal que poida atender o servizo.

Moción para o mantemento da actividade industrial na facoría de Alcoa

O BNG, despois da reunión mantida na fábrica co Comité de Alcoa e auxiliares, por petición do comité o pasado 21 de marzo, reunión na que participaron o deputado no Congreso Néstor Rego e representantes institucionais do Bng mariñao entre os que estaba tamén o edil vicedense Miguel Fraga, o BNG levou aos concellos da comarca unha moción asuspiciada polo comité e que recolle tamén moitas das propostas que o Bng leva feito ao respecto. A moción do Bng está aprobándose por unanimidade en todos os concellos e é de agardar que no Vicedo tamén.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...