InicioOccidentalO VicedoReclaman no Congreso a reforma das pontes ferroviarias do Vicedo

Reclaman no Congreso a reforma das pontes ferroviarias do Vicedo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, alertou de que estas pontes "non cumpren as condicións mínimas de seguridade viaria, con plataformas estreitas, curvas perigosas e varandas deterioradas ou directamente desaparecidas"

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG, Néstor Rego, rexistrou iniciativas no Congreso para reclamar a reforma integral das dúas pontes que permiten atravesar a vía férrea de ancho métrico –antiga FEVE– no concello do Vicedo, en Lugo.

As estruturas, situadas en Valdesuso e Sacido, presentan un avanzado estado de deterioración e deficiencias que pon en risco tanto o tráfico rodado como a integridade das persoas viandantes.

Durante a visita, Rego estivo acompañado polo portavoz municipal do BNG no Concello do Vicedo, Miguel Gómez; o responsable comarcal da formación nacionalista da Mariña, Antón Veiga, e militantes e simpatizantes da organización na localidade.

O deputado do BNG no Congreso alertou de que estas pontes “non cumpren as condicións mínimas de seguridade viaria, con plataformas estreitas, curvas perigosas e varandillas deterioradas ou directamente desaparecidas”. Por iso, reclamou ao Ministerio de Transportes ou a ADIF “a inmediata intervención para garantir a protección dos veciños”.

Ademais, o parlamentario chamou a atención sobre a ausencia total de beirarrúas ou calquera medida de protección para os peóns, o que asegura que agrava o risco destas infraestruturas. “É necesario reformar estas pontes cun proxecto integral que permita corrixir o trazado, ampliar a plataforma e garantir o paso seguro tanto de vehículos como de persoas”, sinalou.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...