InicioOccidentalO VicedoPresentado o IV Trail do Vicedo

Presentado o IV Trail do Vicedo

Publicada o

- Advertisement -

O Vicedo presentou no entorno das praias de Caolín e Vidreiro a cuarta edición do Trail do Vicedo e que contou coa presencia do Alcalde do Vicedo, José Jesus Novo Martínez, membros do Club Lar Trail e Montaña, coorganizadores do evento, e Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste Trail, e finada nun fatal accidente correndo no ano 2021. O Evento terá lugar o vindeiro domingo 19 de maio.

Igual que os anos anteriores hai 3 probas: un trail de 25 km, trail de 15km e andaina de 15km que discorren por unhas paraxes espectaculares como son o entorno de Fuciño do Porco, as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro. Hai que destacar algunhas novidades respecto a outras edicións:

-Acúrtase o trail longo a uns 25 km.

-Varios tramos novos, sobre todo no inicio do trail longo e en zonas da costa onde se pasa máis cerca do mar, de maneira que as paraxes que se percorren son espectaculares.

-Coa inscrición este ano os corredores e camiñantes teñen incluida a comida na carpa instalada ao efecto na zona de meta. Tamén haberá outros servizos como as duchas no polideportivo municipal.

Todos os presentes na presentación animaron a inscribirse na páxina web: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/4o-trail-do-caolin-ao-fucino-do-porco-2024/ e lembraron que a inscrición se vai pechar o luns ás 12 da noite.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...