InicioOccidentalCervoCervo leva adiante obras de mellora de acondicionamento no Penido e Cuíña

Cervo leva adiante obras de mellora de acondicionamento no Penido e Cuíña

Tal e como explicou o alcalde, Alfonso Villares, o proxecto contempla a creación de cunetas de formigón para anchear as vías “o que permitirá circular con maior seguridade e facilitará a circulación dos vehículos pola estrada en ambas direccións”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acomete estes días traballos de mellora e acondicionamento de diferentes arterias de comunicación das zonas de O Penido e Cuíña.

O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a delegada de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a zona xunto con Carmen Fernández, pedánea de Cuíña, para supervisar a actuación que se está a levar a cabo.

Tal e como explicou Villares o proxecto contempla a creación de cunetas de formigón para anchear as vías “o que permitirá circular con maior seguridade e facilitará a circulación dos vehículos pola estrada en ambas direccións”.

Levantarase, tamén, un muro de dique para a contención da estrada e estableceranse elementos de drenaxe feitos de formigón en masa. Por outra banda executarase unha soleira de formigón para albergar os contedores e instalaranse dous suxeitacontedores de aceiro inoxidable.

O orzamento da actuación supera os 50.000 euros que correrán a cargo do remanente das arcas municipais. Con esta obra –engade o rexedor- incrementamos as infraestruturas básicas nestes dous núcleos de poboación, mellorando a accesibilidade e a calidade de vida da veciñanza nesta zona rural do noso municipio.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...