InicioOccidentalCervoCervo abre o luns o prazo para a inscrición nas escolas deportivas...

Cervo abre o luns o prazo para a inscrición nas escolas deportivas e os cursos de natación

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura en horario de 09:00H a 15:00H e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abre o próximo o luns 19 de setembro o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais ofrecendo un amplo abanico de actividades, pensadas para todos os públicos. Os pequenos e pequenas poderán asistir a actividade de multideporte, patinaxe artística, ximnasia rítmica, volei e balonman, esta última como novidade.

O concello segue como cada ano con actividades pensadas para as persoas adultas que poderán anotarse a fit-dance, ioga, pilates ou ximnasia de mantemento; que se impartirán na Casa do Mar, en San Cibrao, e tamén no edifcio anexo ao Concello en Cervo.

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura en horario de 09:00H a 15:00H e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.

Tamén se abre o prazo o próximo luns para os cursos de natación da temporada 2022-2023 tanto para infantil como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación e tamén se impartirán clases de Aquagym. As clases son de aforo limitado e o criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo.

As fichas de inscrición faranse de forma presencial na piscina municipal en horario de 09:00H a 15H:00 e de 16:00H a 22:00H.

As Escolas Deportivas Municipais de Cervo e os cursos de natación son unha mostra da aposta que dende o concello de Cervo se fai polo deporte, tal e como apuntou David Rodríguez; “dende o concello entendemos que o deporte é unha actividade esencial na vida das persoas, por este motivo ofrecemos unha gran variedade de actividades tanto para adultos como para os máis pequenos”.

“Pola nosa banda” –engadiu o alcalde, Alfonso Villares- “traballamos intensamente para ofrecer este marco amplio de posibilidades para practicar deporte a toda a veciñanza co propósito de que o integremos no noso día a día, ademais de aproveitar as distintas instalacións deportivas e salas coas que conta o concello”.

Polo que convidamos a todos, nenos, nenas e persoas adultas, a que formen parte das Escolas Deportivas Municipais e participen nos cursos de natación.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...