InicioOccidentalCervoAlternativas turísticas en Cervo para todas as idades e gustos durante a...

Alternativas turísticas en Cervo para todas as idades e gustos durante a Semana Santa

Segundo o alcalde, Alfonso Villares, “a oferta turística do noso municipio encaixa á perfección coa demanda actual de turismo slow ou turismo de actividades ao aire libre”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo ofrece alternativas turísticas para todos os gustos e todas as franxas de idade esta Semana Santa. Un dos principais atractivos naturais do municipio son as rutas de sendeirismo, que están coidadas e sinalizadas. Hai rutas que bordean a costa, como poden ser o sendeiro azul, a ribeira de Lieiro, a ruta ornitolóxica, ou a ruta das canteiras; e se hai preferencia por unha zona máis interior, pódese optar pola ría que percorre a beira do río Xunco ata Sargadelos, onde se pode camiñar polo Paseo dos Namorados ata chegar á fervenza ou, se se está interesado nas plantas, coñecer ao detalle a nosa flora a través da Senda Botánica.

Alí está unha das xoias patrimoniais e turísticas do noso municipio, que é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos. Esta localización, declarada Ben de Interese Cultural, cada vez ten máis visitantes ao longo de todo o ano. Ademais, desde a semana pasada conta cunhas audioguías ficcionadas que serven para percorrer a historia da Real Fábrica de Sargadelos desde o seu nacemento no século XVIII.

En canto ás alternativas de ocio, durante esta Semana Santa haberá diferentes actuacións musicais. Para o mércores temos a actuación de The Corporation na Praza dos Campos, dentro do ciclo de concertos O Son do Nordeste. O xoves, La Disquetera amenizará o mediodía na Praza do Souto. Ese mesmo día pola noite, Rachel & The Blue Batons tocarán na Praza dos Campos. O venres será a quenda para os Carunchos no mesmo lugar. Xa o domingo pechará a programación musical a Mekanika Rolling Band na Praza do Souto.

No apartado gastronómico, o sábado 16 de abril celébrase a XXVIII Festa do Mexillón en San Cibrao. Os locais hostaleiros ofrecerán as mellores tapas con este molusco como común denominador. Ás 22h haberá verbena a cargo da orquestra Fania Blancho Show e ao remate collerá o relevo a Disco Móvil Chocolate.

Segundo o alcalde, Alfonso Villares, “a oferta turística do noso municipio encaixa á perfección coa demanda actual de turismo slow ou turismo de actividades ao aire libre”.

Apuntou Mali Méndez, concelleira de Medio Ambiente, que “o noso Concello é ideal para a práctica de deportes como o Mountain Bike, surf, running ou para facer rutas de sendeirismo”.

“Ademais, ao longo desta Semana Santa ofrecemos diferentes alternativas de ocio e gastronómicas como os concertos dos ciclos “O Son do Nordeste” e “A Caixa de Música” ou a Festa do Mexillón, o que fai que o noso municipio desfrute de alternativas turísticas para todos os gustos e todas as franxas de idade” engadiu Villares.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...