InicioOccidentalCervoCervo enxalza o ourizo de mar co Concurso Gastronómico anterior á XXIX...

Cervo enxalza o ourizo de mar co Concurso Gastronómico anterior á XXIX Festa deste produto gastronómico

En total, os hostaleiros participantes presentaron 11 tapas ao certame.

Publicada o

- Advertisement -

A  Casa da Cultura acolleu este pasado luns o Concurso Gastronómico do Ourizo. Unha actividade que foi a antesala da XXIX edición da Festa que terá lugar o sábado 19 de marzo en San Cibrao.

En total, os hostaleiros participantes (Buenavista, O Faro, Aquelarre, A Bodega, As Titas e Maruxaina) presentaron 11 tapas ao certame (as bases permitían presentar dúas como máximo).

O xurado estaba composto por 3 cociñeiros da Mariña: Bruno Pena, Michel Cociña e Juan Rubiños.

As tapas premiadas foron:

1º Brazo de gitano (A Bodega)

2º Cestas de salpicón (O Faro)

3º Canutillos mar y montaña (O Faro)

Parabéns a todos eles, e moitas grazas a todos os participantes.

O 19 de marzo poderanse comprobar as habilidades culinarias destes hostaleiros locais e as do Noso Lar, que participará na Festa do Ourizo, pero non se puido presentar ao concurso gastronómico.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...