InicioOccidentalCervoA XXIX Festa do Ourizo celebrarase este sábado 18 en San Cibrao

A XXIX Festa do Ourizo celebrarase este sábado 18 en San Cibrao

O día da festa os locais participantes ofrecerán a tapa do concurso e outras moitas variedades aos visitantes durante toda a xornada. Haberá folletos informativos no que se especifican algunhas das tapas que se poderán probar, e que terán como denominador común o ourizo.

Publicada o

- Advertisement -

A XXIX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 18 de marzo, en San Ciprián. Para ese día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como prato principal.

A cita foi presentada hoxe polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, polas concelleiras de Cultura e Medio Ambiente, e por representantes da hostalería local.

Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Cibrao que participan na festa: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega, Maruxaina, Aquelarre e Buenavista. Nesta ocasión, o concurso celebrarase o luns, 14 de marzo, na Casa da Cultura. Os participantes deberán entregar as súas propostas –dúas como máximo- ás 17:00 horas. O xurado composto por cociñeiros decidirá cales son as tres tapas gañadoras. A entrega de premios será ás 19:00 horas na mesma Casa da Cultura.

O día da festa os locais participantes ofrecerán a tapa do concurso e outras moitas variedades aos visitantes durante toda a xornada. Haberá folletos informativos no que se especifican algunhas das tapas que se poderán probar, e que terán como denominador común o ourizo.

Ademais haberá sesión vermú desde as 14:00 horas a cargo de Festicultores Troupe, na carpa da Praza dos Campos; ao longo da tarde haberá pasarrúas a cargo da Louband Street Band; e xa pola noite, a orquestra Funçao Pública ofrecerá un espectáculo musical a partir das 22:00 horas na Praza dos Campos.

En declaracións do alcalde, Alfonso Villares,: “é unha boa nova que recuperemos a celebración desta festa despois de dous anos, aínda que a pandemia aínda está a condicionar a programación. Nesta edición non podemos levar a cabo todas as actividades que viñan sendo habituais pero agardamos que para o ano seguinte xa podamos celebrar a Festa do Ourizo con total normalidade”.

Desde o Concello de Cervo convidan a todo o mundo a asistir nesa xornada a San Cibrao, para participar nas diferentes actividades programadas con motivo desta festa declarada de Interese Turístico Galego desde o 2008.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...