InicioOccidentalCervoCervo dá os primeiros pasos para unha pista ecuestre na Bidueira

Cervo dá os primeiros pasos para unha pista ecuestre na Bidueira

A realización desta pista vai ser posible grazas á sinatura dun convenio por parte da Comunidade de Montes e o ente municipal, no que a Comunidade cede os terreos para a súa construción e o Concello aporta a financiación pertinente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo inicia os trámites para a realización dunha pista ecuestre nas inmediacións das instalacións deportivas da Bidueira.

O alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de deportes, David Rodríguez, reuníronse con membros da Comunidade de Montes de Cervo e cunha representación de veciños afeccionados ao mundo ecuestre, para facilitarlles información sobre o proxecto, que se executará nos vindeiros meses.

A realización desta pista vai ser posible grazas á sinatura dun convenio por parte da Comunidade de Montes e o ente municipal, no que a Comunidade cede os terreos para a súa construción e o Concello aporta a financiación pertinente.

Con este novo proxecto retomarase a actividade nas instalacións da Bidueira, antigo campo de fútbol da S.D. Cervo, que está en desuso desde que o club cesara a súa actividade no ano 2018. Coa creación desta pista ao seu carón, podería ser sede de campionatos e diferentes tipos de encontros cabalares.

Segundo o concelleiro de turismo, David Rodríguez, “esta iniciativa nace froito da comunicación cun grupo de veciños e veciñas afeccionados ao mundo ecuestre, posto que no noso municipio hai unha gran tradición. Así tamén, conseguimos crear un espazo apto e seguro para a equitación dentro do noso concello, mellorando a seguridade nas vías públicas ao evitar a presencia de animais nas calzadas municipais”.

Para o alcalde, Alfonso Villares, “a creación desta pista é, ademais, unha boa nova para as instalacións da Bidueira, antigo campo de fútbol do S.D. Cervo, que agora vai poder albergar competicións e encontros cabalares de todo tipo”.

“A realización deste proxecto tamén vai ter un gran impacto positivo a nivel turístico, pois todos os eventos que se realicen nesas novas instalacións van atraer visitantes de diferentes puntos da xeografía galega”, engadiu o rexedor.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...