InicioSucesosA Deputación de Lugo avalía a estrada afectada polas choivas en Cervo

A Deputación de Lugo avalía a estrada afectada polas choivas en Cervo

A zona está aberta ao tráfico de turismos desde a tarde deste xoves.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo ordenou unha avaliación técnica e económica dos danos ocasionados polo afundimento de parte da calzada ocorrido o mércores na estrada LU-P-1504 debido ás intensas choivas dos últimos días, “co fin de arranxar coa maior celeridade posible esta estrada, que une Río Cobo coas fábricas de Sargadelos, no concello de Cervo”, explica.

Tras unha primeira avaliación sobre o terreo, operarios do servizo de Xestión Territorial da Deputación decidiron reabrir esta estrada ao tráfico de turismos desde esta tarde. A vía quedaba cortada onte ao tráfico despois de producirse un desprendemento de terra e o afundimento de parte da calzada debido ás intensas choivas producidas entre onte e hoxe polo paso da borrasca Barra.

A institución provincial iniciou tamén as xestións pertinentes para poder actuar nos terreos que sexan necesarios para acometer as obras de rehabilitación desta estrada, pola que ademais discorre unha canalización.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...