InicioOccidentalCervoArde por completo unha casa en Cervo

Arde por completo unha casa en Cervo

Non houbo que lamentar feridos.

Publicada o

- Advertisement -

Un incendio calcinou por completo unha casa, empregada para a cría de animais e gardar apeiros de labranza, no municipio lucense de Cervo, pero non houbo feridos.

Segundo relatou o 112, os feitos sucederon no lugar do Vilar, na parroquia de Sargadelos, do municipio de Cervo, sobre a medianoite deste venres.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para avisar deste lume. Segundo indicou no seu relato, ardía unha casa de dúas plantas. Por iso, por parte do CIAE púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Viveiro, do GES de Cervo e da Garda Civil.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a casa, que era de madeira e utilizábase para a cría de animais e para gardar apeiros de labranza, ardeu por completo. Pola súa banda, os animais que se atopaban no interior non resultaron afectados.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...