InicioOccidentalCervoSan Cibrao prepara á futura canteira de baloncesto de Galicia

San Cibrao prepara á futura canteira de baloncesto de Galicia

Do 27 ao 2 de xullo celebrarase o III Campus de Baloncesto EntreNos.

Publicada o

- Advertisement -

O pavillón da Veiga acolleu a presentación do III Campus de Baloncesto EntreNos, que terá lugar entre o 27 de xuño e o 2 de xullo. “Son seis días de competición, nun formato readaptado á situación sanitaria actual, con máis competición e con moito máis basket co obxectivo de recuperar sensacións logo deste ano tan dificil que vivimos”, subliñou a organización.

O prazo de inscrición continúa aberto pero xa son poucas as prazas que quedan. Esta inciativa está dirixida á mocidade de entre os anos 2004 e 2009. Debido á situación sanitaria tan só se oferta réxime interno “para crear unha burbulla de convivencia entre os participantes, que se someterán a un test de antíxenos antes de ingresar no campus como medida de prevención e seguridade”.

Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket. De todas formas, tamén se programarán actividades complementarias para que os participantes poidan coñcer as mútliples posibilidades que ofrece o Concello de Cervo, tanto desde o punto de vista cultural como deportivo, programando difeerentes saídas qeu enriquecerán a súa experiencia.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...