InicioEconomíaSen acordo na conciliación entre Sargadelos e as traballadoras despedidas

Sen acordo na conciliación entre Sargadelos e as traballadoras despedidas

A empresa rexeitou indemnizar por vulneración dos dereitos fundamentais ás obreiras cesadas

Publicada o

- Advertisement -

Os servizos xurídicos de Sargadelos e os das cinco traballadoras cesadas pola firma non chegaron a un acordo no acto de conciliación convocado tralos despedimentos.

As dúas partes estaban citadas ante o Servicio de Conciliación, Mediación y Arbitraje (SMAC), pero a xuntanza resolveuse sen un pacto. Segundo fontes da empresa, a firma rexeitou satisfacer a cantidade económica reclamada pola parte demandante, que solicitou unha indemnización pola vulneración de dereitos fundamentais.

A VÍA XUDICIAL, ÚNICA SAÍDA

Deste xeito, a vía xudicial resolverá os despedimentos. As obreiras presentarán unha demanda ao entender que hai razóns para declarar a nulidade dos cesamentos.

INCORPORACIÓNS NO PERSOAL

Ao longo desta semana, a empresa readmitiu a dúas das operarias despedidas durante o conflito laboral. A firma contratou tamén a persoal novo e baralla máis incorporacións para cubrir as vacantes das persoas que non serán readmitidas.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...