InicioPolíticaA Valedora do Pobo atenderá preguntas o xoves en San Cibrao

A Valedora do Pobo atenderá preguntas o xoves en San Cibrao

O goberno local convida á veciñanza a formular as súas queixas e consultas nun encontro que se celebrará pola tarde na casa do mar

Publicada o

- Advertisement -

A Valedora do Pobo, Milagros Otero, visitará o municipio de Cervo o vindeiro xoves, nunha xornada na que atenderá as preguntas da veciñanza.

O Concello convidou a Otero, que a mediodía achegarase ao consistorio, onde será recibida pola corporación municipal. Pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, a Valedora do Pobo escoitará as consultas e queixas de quen o desexe na casa do mar de San Cibrao.

ACTO ABERTO

O goberno local convida á veciñanza e ao tecido asociativo a que participen no acto, de carácter aberto, e formulen as súas consultas á representante da institución.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...