InicioPolíticaO Concello de Cervo axudica obras en Cervo, Rúa e San Cibrao

O Concello de Cervo axudica obras en Cervo, Rúa e San Cibrao

O goberno local arranxará o camiño á fonte de San Roque e as rúas Concepción Arenal e Penela do casco sancibrense

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo adxudicou obras nos núcleos de Cervo, San Cibrao e Rúa. Trátase de actuacións no camiño da fonte cervense de San Roque, nas rúas Concepción Arenal e Penela, do casco sancibrense, e no camiño Plantío-Lagoa-Pena Esvaradía.

CERVO

No caso do acceso ao manancial cervense, o orzamento da obra ascende a 80.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achegará a metade. Encargarase das actuacións Construcciones y Canalizaciones José Saá.

O ORZAMENTO DAS ACTUACIÓNS RONDARÁ OS 265.000 EUROS

SAN CIBRAO

No caso das dúas rúas de San Cibrao, o investimento será de 145.000 euros, que procederán integramente de fondos municipais. Carferlo S. L. será a empresa encargada das obras.

RÚA

A actuación en Rúa, que exectuará Excavaciones y Obras Marcos, S. L., enmárcase no Plan de Mellora de Camiños Municipais da Consellería de Medio Rural. O presuposto será de 39.632 euros. O goberno local prevé que as obras rematen antes de que acabe o ano.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...