InicioEconomíaSargadelos acepta a petición da Xunta e negociará con UXT este martes

Sargadelos acepta a petición da Xunta e negociará con UXT este martes

A empresa atende a chamada do Goberno galego e sentará co sindicato, trala suspensión da asemblea de traballadoras e a retirada da solicitude de conciliación

Publicada o

- Advertisement -

Cando semellaba que o conflito laboral de Sargadelos se abocaba á vía xudicial, está previsto que a dirección da empresa e os servizos xurídicos da Unión Xeral de Traballadores (UXT) retomen as conversas este martes pola tarde, a instancias do Consello Galego de Relacións Laborais.

A dirección da empresa, que nas pasadas semanas mostrouse crítica co papel mediador da Xunta de Galicia e rexeitou as chamadas do Goberno galego a negociar, accedeu desta volta a unha petición de xuntanza por parte do órgano consultivo do Executivo autonómico. Na reunión de Santiago de Compostela non estará o conselleiro delegado, Segismundo García, que mantén a súa posición belixerante con respecto ao sindicato, pero si representantes dos servizos xurídicos do grupo empresarial.

a empresa atendeu á petición do consello galego de relacións laborais tras negarse a conversar noutras ocasións

Este martes estaba convocada unha asemblea de traballadoras para votar a destitución ou permanencia no cargo da delegada do sindicato na fábrica de Cervo, Rogelia Mariña. A reunión quedou adiada, sen que haxa fixada por agora data de celebración.

Ese mesmo día, os servizos xurídicos da empresa -e os de Comisións Obreiras (CC OO), a Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)- tiñan citación para un acto de conciliación a petición da UXT, que retirou a solicitude da convocatoria como mostra de boa vontade cara as negociacións co grupo empresarial.

DEMANDAS

O conselleiro delegado esixiu a retirada das demandas interpostas pola UXT e Mariña contra a empresa e contra el mesmo, cuxo coste cifra nun total de 200.000 euros e que o sindicato e maila súa delegada manteñen polo momento, á espera de que poda haber avances nas conversas. A retirada das denuncias, un acordo satisfactorio para a sindicalista e a reincorporación das 21 persoas despedidas semella que serán os principais puntos a negociar.

a retirada das denuncias, o futuro da delegada sindical e a reincorporación das 21 despedidas semellan os puntos chave

A dirección da empresa executou 21 despedimentos dos 49 anunciados no pasado 17 de agosto, polo que o cadro de persoal da fábrica de cerámica de Cervo perdeu aproximadamente unha quinta parte das súas operarias. Sargadelos mantén un volume importante de pedidos que está a retrasar.

O BNG PREGUNTA POR “AXUDAS”

O BNG de Cervo rexistrou unha batería de preguntas para instar ao goberno local a que aclare se “concedeu algunha axuda económica ou beneficio fiscal” á empresa “durante os últimos oito anos“.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...