A Sala Cultural Xosé Vizoso, nas Carboeiras, acolleu este domingo a primeira edición do concurso “Sargadelos Peza a Peza”, unha proposta organizada por Hai Larán coa colaboración do Concello de Cervo, que deixou moi bo sabor de boca entre as parellas participantes, preto de corenta.
Primeiro premio: parella procedente de Pontevedra, cun tempo de 54 minutos e 54 segundos.
Segundo premio: parella de Xijón, cun tempo de 1 hora, 3 minutos e 5 segundos.
Terceiro premio: parella da Coruña, cun tempo de 1 hora, 7 minutos e 36 segundos.
As persoas participantes destacaron especialmente a boa organización do certame e a orixinalidade do puzzle, deseñado de maneira personalizada e vinculado a Sargadelos. Unha peza única que, ademais de supoñer un reto durante o concurso, permitiu levar para a casa un recordo diferente e especial do lugar.
A xornada deixou tamén ganas de repetir, polo que esta primeira edición apunta a ser o comezo dunha proposta con continuidade.
O concelleiro de Deportes, David Rodríguez, foi o encargado de entregar os premios ás parellas gañadoras. Parabéns ás persoas participantes e, especialmente, a Hai Larán por impulsar esta iniciativa e contribuír a sumar novas propostas de ocio e participación no noso concello.
