InicioOccidentalCervoRematan as clases de inglés dentro do programa municipal Cervo Concilia

Rematan as clases de inglés dentro do programa municipal Cervo Concilia

A iniciativa, realizada en colaboración coa English School, permitiu incorporar o aprendizaxe do inglés á programación de actividades de conciliación durante o período estival

Publicada o

A iniciativa, realizada en colaboración coa English School, permitiu incorporar o aprendizaxe do inglés á programación do programa municipal ‘Cervo Concilia’ puxo punto e final ás clases de inglés desenvolvidas ao longo deste verán, unha proposta coa que o Concello de Cervo quixo ampliar e diversificar as actividades dirixidas ás nenas e nenos durante o período estival.
A iniciativa levouse a cabo en colaboración coa English School incorporando por primeira vez dentro da programación de Cervo Concilia actividades específicas para achegar o inglés aos máis pequenos dun xeito dinámico, participativo e adaptado ás súas idades.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo acompañar aos participantes no seu último día de clase e comprobar de primeira man o desenvolvemento desta actividade.
Durante a visita, a rexedora destacou o bo ambiente das sesións e o interese dos nenos e nenas:
 “Foi moi bonito velos tan concentrados, participando e desfrutando dunha actividade que, ademais de entretelos durante o verán, lles permite achegarse a un idioma tan importante como o inglés”.
Desde o Concello salientan que Cervo Concilia nace precisamente coa finalidade de facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares, ofrecendo ao mesmo tempo propostas educativas, culturais, deportivas e de lecer para os máis pequenos.
Neste sentido, García Caramés agradeceu especialmente o traballo das profesoras Laura e Carmela, responsables de acompañar aos nenos e nenas durante estas semanas:
 “Queremos agradecerlles a Laura e Carmela a súa implicación, dedicación e cariño. A súa maneira de traballar fixo que os nenos e nenas se achegasen ao inglés dun xeito ameno e motivador”.
O Concello fai unha valoración moi positiva desta experiencia e aposta por seguir incorporando novas propostas ao programa Cervo Concilia, buscando que cada verán as familias dispoñan de alternativas que permitan compatibilizar a vida familiar e laboral, ao tempo que os nenos e nenas desfrutan, aprenden e comparten experiencias durante as vacacións. 

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...