InicioOccidentalCervoCervo Concilia pon punto final este venres ao taller de emocións desenvolvido...

Cervo Concilia pon punto final este venres ao taller de emocións desenvolvido no verán

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse este venres á última sesión para compartir tempo coas crianzas e participar tamén nas diferentes propostas e xogos, comprobando de primeira man o entusiasmo e a implicación dos nenos e nenas.

Publicada o

- Advertisement -

O programa Cervo Concilia puxo este venres o punto final ao taller de emocións, unha proposta desenvolvida ao longo do verán da man de Rosa e da súa inseparable acompañante canina, Tila, que conquistou ás crianzas participantes a través do xogo, o agarimo e a aprendizaxe.

Ao longo das sesións, as nenas e os nenos de Cervo Concilia tiveron a oportunidade de identificar, expresar e aprender a xestionar as súas emocións dun xeito natural, divertido e adaptado ás súas idades. A través de xogos, dinámicas e diferentes actividades, Tila converteuse nunha compañeira fundamental para crear un espazo de confianza no que compartir, descubrir e medrar.

Ademais do traballo arredor das emocións, as crianzas tamén se achegaron á iniciación á lingua de signos, incorporando novos recursos e formas de comunicación dunha maneira lúdica e participativa, co apoio tamén de Tila.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse este venres á última sesión para compartir tempo coas crianzas e participar tamén nas diferentes propostas e xogos, comprobando de primeira man o entusiasmo e a implicación dos nenos e nenas.

Quixo agradecer especialmente a Rosa e a Tila o seu traballo, dedicación e cariño ao longo de todo o taller, así como ás familias e ás crianzas participantes, pola súa implicación e por facer posible que cada sesión  se convertese nunha nova oportunidade para aprender e compartir.

O taller pecha así as súas portas despois de varias semanas de xogos, dinámicas e experiencias compartidas, deixando como aprendizaxe que todas as emocións teñen o seu lugar e que aprender a recoñecelas e expresalas tamén pode ser unha aventura divertida e chea de agarimo.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...