InicioOccidentalCervoRaquel Blas: "A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira"

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

Raquel Blas forma parte da organización da Queimada de Cervo que este ano cumpre 48 anos. Case cinco décadas desde a primeira queimada que se preparou nunha máquina empregada na construción

Publicada o

- Advertisement -

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a organizaron por primeira vez?
Foi un grupo de amigos que estaban na Praza do Souto, en Cervo, no mes de agosto. Entón ocorréuselles facer unha queimada nunha formigoneira e así meteron augardente e outros ingredientes, logo encenderon todo e así naceu a Queimada Popular de Cervo.

-A queimada naceu nunha formigoneira?
Si, si, nunha desas “amasadoras” de cemento. Imaxino que estaría limpa, mais si, naceu cunha formigoneira. Eran un gupo de amigos pasando un día de agosto e decidiron facer esa queimada.

-Quen formaba o grupo de persoas que iniciaron esta tradición?

Polo que me contaron estaban Elias, Nando, Petra, Moncho de Basanta, Manolo de Moreiras, Suso de la Torre, amigos deles e tamén veraneantes, todos alí, ao pé da gasolineira.

-A celebración deste ano será o 22 de agosto. Cal é o programa ou as actividades previstas para ese día?
O sábado pola mañá haberá un mercado tradicional e lerase un pregón de autoridades. No lugar colocaranse moitos postos de comida, para vender e haberá actuacións como a de Gaiteiros de Medio Quiñón. Logo, ás once da noite comeza o desfile da queimada desde as escolas ata o Souto e alí se ofrecerá a representación teatral. Finalmente actuarán Xavi Maneiro, a Banda de Elías e para rematar DJ Conxuro.

Sobre a representación explica en que consiste?
A deste ano é unha historia onde unha inundación do río Xunco fai desaparecer Cervo e moitos dos seus veciños e veciños. Porén, dese mesmo desbordamento “nacen” catro personaxes que se infiltran entre as persoas de Cervo. Unha será taberneira, outra como acordeonista que vai tocar polos diferentes pobos de Cervo, unha alfareira e unha mestra das escolas de San Román, neste caso. Estes catro personaxes van levando a diferentes mulleres ao lado escuro, porque as catro en realidade son parte do mal. Isto é así até que alguén cae na conta disto e que esas catro mulleres poden ser meigas e avisa ao resto das xentes de Cervo. Aí comeza unha liorta co pobo na que non se sabe se gaña o ben ou o mal.

-Todos os anos é unha representación diferente, non?

Entrevistado: Si, todos os anos é diferente e escrita por calquera que que lle apeteza escribir e se non, neste caso, pois escribiuna unha persoa que é, bueno, Carmela. Saíu dela a idea e toda a directiva, porque ela tamén forma parte da directiva, e pois axudámoslle ás ideas e demais. Soe ser sempre moi, escribe unha persoa, pero sempre estamos sobre todo os da directiva estamos axudando en todo o que necesitan.

-De onde vén esa tradición de facer unha historia cada ano?
Pois non o teño claro mais xa se facía un espectáculo coas meigas e demais desde case o comezo.

-O conxuro recítase mentres se está preparando a queimada. Ten algún ingrediente especial a queimada de Cervo?
Leva augardente, café, limón e azucre. Creo que non me esquenzo de ningún.

-Cantas cantas cunca se van preparar este ano? Onde se poden conseguir?
Temos previstas entre 800 e 1.000 cuncas. Estas pódense comprar a partir do sábado 15 que estaremos abertos porque son as festas de Cervo. Alí, na praza do Souto, instalaremos unha caseta onde vendemos as tazas, os carteis deste ano e o merchandising deste ano, que son puchas, camisetas, chapas. Estarán o o fin de semana e logo pola semana tamén estará un pouco aberto e sobre todo o día da queimada desde pola mañá.

-A esta queimada é moi frecuente que se achegue xente de fóra de Cervo mais tamén de fora da Mariña, non?
Si, vén moita xente de fóra tanto pola mañá para visitar o mercado, ver a representación e gozar da queimada, claro. Masi diría que a moita xente lle gusta moito a representación e si, si que hai moita xente de fóra.

-Algunha vez fostes representar a vosa queimada fóra de Cervo?
Si, fomos a a representala en Asturias, a Portugal, a Fuengirola e non sei se me queda algún sitio.

-A Queimada naceu dun grupo de amigos, mais ti por que cres que se conservou tan ben esa esta tradición?
Cando transmites algo de xeración en xeración sempre queda e as persoas que comezaron a facer algo e que llo inculcaron pois aos seus amigos ou aos seus familiares vai permanecendo. Eu, por exemplo, miña nai e meu pai participaron, eu estou participando, miña irmá, miñas sobriñas e amigos meus. Vai indo así, de xeración en xeración.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...