InicioOccidentalCervoCervo anima a mercar os produtos oficiais da Maruxaina na caseta da...

Cervo anima a mercar os produtos oficiais da Maruxaina na caseta da Praza dos Campos

A caseta, situada na Praza dos Campos, ofrece camisetas, bolsas, panos, o libro da Maruxaina e as dúas tazas conmemorativas desta edición, a de cerámica obra de Ánxel Cao, e a de louza elaborada por Saúde Mental A Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anima a veciños, veciñas e visitantes a achegarse á caseta oficial da Maruxaina, instalada na Praza dos Campos, onde xa están á venda os produtos oficiais desta nova edición da festa.

Entre os artigos que se poden adquirir figuran camisetas para home, muller e nenos e nenas, bolsas, panos, o libro da Maruxaina e dúas tazas conmemorativas desta edición. Por unha banda, a taza artística  de cerámica deseñada por Ánxel Cao, inspirada na forma dun percebe; e, por outra, a taza de louza elaborada por Saúde Mental A Mariña, que reproduce o cartel oficial da Maruxaina 2026.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros Adrián Arias e Mali Méndez, presentou este xoves a taza de louza xunto ás persoas usuarias e profesionais de Saúde Mental A Mariña, responsables da súa elaboración na propia caseta.

A rexedora quixo agradecer a implicación de todas as persoas e colectivos que colaboran para facer posible esta iniciativa. “Quero agradecer a Ánxel Cao o deseño da súa magnífica taza de cerámica, así como a Saúde Mental A Mariña o excelente traballo realizado na elaboración da taza de louza desta edición. O meu agradecemento tamén á Asociación  Mulleres de San Cibrao que un ano máis colabora activamente na venda dos produtos oficiais da Maruxaina. Esta implicación colectiva contribúe a engrandecer unha festa que forma parte da nosa identidade e da que nos sentimos profundamente orgullosos”, destacou.

Desde o Concello lembran que a compra dos produtos oficiais contribúe á promoción da Festa da Maruxaina e permite levar un recordo único dunha celebración que é un dos grandes referentes festivos e culturais da bisbarra.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...