InicioOccidentalCervoO IX Torneo Maruxaina celebrarase este seis de agosto en San Cibrao

O IX Torneo Maruxaina celebrarase este seis de agosto en San Cibrao

O Concello de Cervo fai un balance moi positivo das viaxes en barco aos Farillóns organizadas con motivo da Festa da Maruxaina, unha iniciativa que está a rexistrar unha excelente acollida e que está a esgotar as prazas dispoñibles en cada unha das travesías.

Publicada o

- Advertisement -

 

O deporte será o encargado de abrir a programación da Festa da Maruxaina coa celebración do IX Torneo Maruxaina, que enfrontará ao Club Deportivo San Ciprián e á U.D. Folgueiro, unha cita que foi presentada este martes, pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo presidente do club anfibrión, Eduardo Rubal, e o director deportivo, Félix Martins, nas insatalacións da Veiga.

O encontro, organizado polo CD San Ciprián, coa colaboración do Concello, disputarase este xoves, 6 de agosto, ás 20:00 horas, no Campo Municipal da Veiga, en San Cibrao, nunha cita xa consolidada dentro da programación festiva do municipio e que reúne cada verán a numerosos afeccionados ao fútbol.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, subliñou a importancia desta iniciativa deportiva, sinalando que “o deporte será o encargado de abrir os actos da Maruxaina cun torneo xa consolidado que contribúe a impulsar o deporte local e a reunir á afección nun dos eventos máis importantes do verán no noso concello”.

García Caramés destacou tamén o papel que desempeña o Club Deportivo na dinamización do municipio, agradecendo o seu compromiso e implicación na organización de actividades que enriquecen a programación das festas, neste caso.

Desde o Concello de Cervo animan á veciñanza e aos visitantes a achegarse ao Campo Municipal da Veiga para desfrutar dunha gran tarde de fútbol e apoiar aos equipos participantes nun encontro que dará o pistoletazo de saída á programación da Maruxaina.

VIAXES AOS FARILLÓNS

Por outra parte, o Concello de Cervo fai un balance moi positivo das viaxes en barco aos Farillóns organizadas con motivo da Festa da Maruxaina, unha iniciativa que está a rexistrar unha excelente acollida e que está a esgotar as prazas dispoñibles en cada unha das travesías.

Esta mañá foron as crianzas do programa municipal Cervo Concilia as protagonistas da xornada, desfrutando dunha experiencia educativa e de lecer na que puideron descubrir a riqueza natural e paisaxística dos Farillóns, coñecer curiosidades sobre este emblemático enclave e afondar na súa relación coa lenda da Maruxaina.

O percorrido estivo guiado polo fotógrafo e biólogo Anxo Cao, encargado de conducir as viaxes, achegando aos participantes explicacións sobre a biodiversidade mariña, a historia do lugar e o patrimonio natural que rodea a costa cervense.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, tamén quixo participar na actividade, acompañada polo concelleiro Alfredo Fernández, para compartir esta experiencia cos asistentes e comprobar o éxito dunha proposta que se consolida como un atractivo máis da programación da Maruxaina.

Caramés destacou que “estas viaxes permiten descubrir un dos espazos máis singulares da nosa costa desde unha perspectiva diferente, combinando natureza, divulgación e tradición. É unha actividade que encaixa perfectamente coa esencia da Maruxaina e que está a ter unha resposta magnífica por parte da veciñanza e dos visitantes.”

A rexedora subliñou ademais que “para nós era importante que as crianzas de Cervo Concilia tamén puidesen vivir esta experiencia, coñecer mellor o noso patrimonio natural e sentirse parte dunha tradición tan especial como é a Festa da Maruxaina. Queremos seguir promovendo actividades que poñan en valor a nosa identidade e o enorme potencial turístico e ambiental do noso litoral.”

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...