InicioOccidentalCervoCervo realiza melloras viarias no lugar de Figueirido con case 40.000 euros

Cervo realiza melloras viarias no lugar de Figueirido con case 40.000 euros

A actuación, aínda en execución, conta cun orzamento de 30.819 euros procedentes do Plan Único

Publicada o

- Advertisement -

 

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou os traballos de mellora da rede viaria no lugar de Figueirido, acompañada pola pedánea da zona, Lidia Galdo para supervisar unha actuación que se está a acometer este días e que supón un investimento de 30.819 euros procedentes do Plan Único.

A intervención céntrase na mellora dun camiño que dá acceso a varias vivendas e parcelas da zona, así como á fonte pública con lavadoiro e ao Rego de Figueirido, co obxectivo de facilitar a mobilidade tanto de vehículos como de peóns e incrementar a seguridade da veciñanza.

A actuación comprende distintos treitos do viario, adaptando a solución ás necesidades de cada un deles. Así, no acceso principal executouse un novo firme de formigón con acabado desactivado, substituíndo o pavimento anterior, que presentaba un importante deterioro debido ao paso do tempo e ás inclemencias meteorolóxicas. Esta actuación tamén permitiu mellorar as pendentes do vial e a drenaxe da zona.

No ramal peonil de acceso á fonte vaise realizar tamén unha limpeza integral do pavimento mediante chorro de auga para eliminar o musgo acumulado, mellorando tanto a estética como a adherencia do firme. Ademais, no acceso ao Rego de Figueirido acondicionouse un novo pavimento de formigón, substituíndo o antigo camiño de terra, o que facilita o tránsito e garante unha maior accesibilidade.

Ademais de facilitar o tránsito, o novo firme permitirá habilitar un espazo máis axeitado para a colocación dos colectores de residuos, mellorando a súa accesibilidade e o servizo de recollida, ao tempo que se prevé a instalación de novo mobiliario urbano para contribuír á posta en valor e á funcionalidade deste espazo de uso veciñal.

A alcaldesa destacou que “seguimos investindo na mellora das comunicacións e dos servizos nos nosos núcleos rurais, atendendo ás necesidades que nos trasladan os veciños e veciñas e actuando sobre infraestruturas que son fundamentais no día a día”.

García Caramés engadiu que “esta actuación permite ofrecer un acceso máis cómodo, seguro e accesible ás vivendas, ás parcelas e tamén a espazos de uso público tan frecuentados como a fonte ou o Rego de Figueirido. Son pequenas obras que teñen unha gran repercusión na calidade de vida da veciñanza e que forman parte do noso compromiso de seguir mellorando as infraestruturas municipais en todos os recunchos do concello“.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...