InicioOccidentalCervoCervo presenta as festas do Carme e San Roque

Cervo presenta as festas do Carme e San Roque

Os festexos desenvolveranse do 14 ao 16 de agosto no núcleo de Cervo e culminarán o día 22 coa XLVIII Queimada Popular e o Mercado Tradicional 

Publicada o

- Advertisement -

 

O Concello de Cervo acollerá do 14 ao 16 de agosto as tradicionais Festas na Honra da Nosa Señora, Virxe do Carme e San Roque, que volverán converter o núcleo de Cervo nun punto de encontro para veciños e visitantes cunha programación que combina actos relixiosos, música, gastronomía e actividades para todas as idades.

A presentación dos festexos contou coa participación da alcaldesa, Dolores García Caramés; da concelleira Mali Méndez; e de representantes da A.C. Rego Cachón, entidade organizadora das festas do 15 e 16 de agosto. 

A programación arrancará o venres 14 de agosto coa tradicional *Festa do Ovo Frito, organizada por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, que contará coa animación da Charanga DGIT e da Discomóbil Conxuro.

O sábado 15 de agosto, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne cantada polo Coro de Cervo e a procesión acompañada por Fol do Raxal. A continuación haberá sesión vermú co grupo Euphoria* e, pola noite, gran verbena co propio grupo Euphoria e o Dúo Caramelo.

O domingo 16 de agosto, tamén ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne cantada polo Coro de Cervo e a procesión acompañada por Fol do Raxal. Seguirá a sesión vermú coa Orquestra Galaxia, que tamén ofrecerá a verbena da noite. Ademais, desde as 18:00 horas haberá inchables na Praza do Souto para o desfrute dos máis pequenos.

Como broche final, o sábado 22 de agosto celebrarase o Mercado Tradicional e a XLVIII Queimada Popular de Cervo, organizada por Airiños do Xunco, unha das citas máis emblemáticas do verán cervense e declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, convidou a toda a veciñanza e aos visitantes a participar nestes festexos. “As festas de Cervo son unha magnífica oportunidade para reencontrarnos, compartir tradicións e seguir facendo pobo. Quero agradecer o enorme traballo da A.C. Rego Cachón, de Airiños do Xunco, dos Cabaleiros da Bidueira e de todos os colectivos e persoas voluntarias que, coa súa implicación e esforzo, fan posible un programa tan completo e atractivo”, sinalou.

Caramés destacou tamén que “desde o Concello seguiremos apoiando estas celebracións porque forman parte da nosa identidade e contribúen a dinamizar social e economicamente o municipio durante o verán”, animando a todos a gozar “dunhas festas pensadas para todos os públicos, nas que non faltarán a música, a tradición, a gastronomía e o mellor ambiente”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...