InicioOccidentalCervoCervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

Publicada o

- Advertisement -

 

O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade, un encontro de coordinación institucional copresidido pola alcaldesa, Dolores García Caramés, e pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, no que tamén participaron representantes da Garda Civil, do Subsector de Tráfico, da Policía Autonómica, de Emerxencias, e da Policía Local.

A reunión serviu para ultimar o dispositivo de seguridade que se activará durante os principais eventos do verán no municipio, con especial atención ás dúas festas declaradas de Interese Turístico Galego: a Festa da Maruxaina, que se celebrará o 8 de agosto, e a Queimada Popular, prevista para o 22 de agosto.

Durante o encontro analizáronse as medidas de coordinación entre os distintos corpos e forzas de seguridade co obxectivo de garantir o normal desenvolvemento destas celebracións, que cada ano reúnen a milleiros de persoas en Cervo. A planificación contempla reforzos nos puntos de maior afluencia, unha resposta coordinada ante posibles incidencias e un operativo adaptado ás necesidades de cada evento.

Desde o Concello destacouse a importancia da colaboración entre todas as administracións e corpos de seguridade, unha coordinación que permite afrontar con garantías dúas das citas máis representativas do calendario festivo cervense, asegurando que tanto a veciñanza como os visitantes poidan desfrutar delas nun ambiente seguro, organizado e tranquilo.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...