InicioOccidentalCervoCervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

A cita está organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do Concello de Cervo na Pista Ecuestre da Bidueira

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira de Andadura, que se celebrará na pista ecuestre da Bidueira e reunirá a numerosos afeccionados ao mundo do cabalo nunha xornada de competición, tradición e convivencia.

A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e polo concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, xunto con representantes da asociación Cabaleiros da Bidueira, entidade organizadora da proba coa colaboración do Concello.

A competición dará comezo ás 10:30 horas, tras as medicións previstas para as 09:45 horas, e continuará ás 16:00 horas coa sesión de tarde. Haberá probas nas categorías Chapeada +1,50, Chapeada -1,50, Serrada +1,50, Serrada -1,50 e Sub-16, con premios en metálico e trofeos para os mellores clasificados. Ademais, entregarase un trofeo especial ao xinete que consiga bater o mellor rexistro da pista, establecido en 29,40 segundos.

O prazo de inscrición remata o 9 de xullo, e as persoas interesadas poden anotarse chamando aos teléfonos 657 256 408 ou 677 539 285.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou a importancia de seguir apoiando iniciativas que poñen en valor as tradicións do municipio e dinamizan o rural, ao tempo que felicitou á asociación Cabaleiros da Bidueira polo seu traballo e implicación na organización desta terceira edición.

Así mesmo, animou aos afeccionados ao mundo ecuestre e ao público en xeral a achegarse á Bidueira para gozar dunha xornada na que se combinarán deporte, tradición e bo ambiente, contribuíndo ademais a promocionar unha disciplina con grande arraigamento en Galicia.

Desde o Concello de Cervo convidan á veciñanza e aos visitantes a participar e desfrutar desta festa do mundo ecuestre, que volverá converter a Bidueira nun punto de encontro para os amantes do cabalo e das tradicións galegas.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...