InicioDeportesSantiago González, tirador de arco: "Hai que lembrar que un arco é...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

Santiago González (Cervo) acadou a medalla de ouro no último Campionato Galego de Tiro con Arco. A súa paixón por este deporte comezoulle de moi noviño xogando cos amigos.

Publicada o

- Advertisement -

 

-Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe desta afección polo arco e as frechas e como te convertiches nun tirador deportivo?

De cando eramos pequenos, xogar con arcos e frechas. Mais foi cando andaba polos trinta ou trinta e algo houbo un momento en que quería competir. O caso é que non había moito onde probar, non había clubs. Despois tiven a oportunidade, agora hai sete anos, de probar no clube Iadovi de aquí, da Mariña

-O Clube Iadovi ten moito tempo de existencia na comarca?

Non recordo moi ben mais xa estaba en marcha cando entrei. Creárono tres compañeiros que estiveron antes noutro clube de Alfoz.

-Como é o proceso de preparación para competir en campionatos como fas ti?

Entras facendo un curso de iniciación e co tempo podes chegar a ter a licenza federativa. Coa licenza xa podes portar un arco e transportalo até o teu centro de adestramento ou a unha competición porque estamos falando dunha arma. O de ter un premio é a base de adestrar cos profesores, cos compañeiros e tamén elixindo a modalidade máis óptima para ti. Cando sentes que estás preparado xa podes participar en competicións.

-Os arcos son tamén de iniciación, entendo.

Cando empezas usas un de iniciación, mais até que compites poden pasar tres anos para dicir que estás preparado. Os arcos de iniciación levan uns pesos para que te exercites con el e así irte adaptando aos movementos para facer o proceso de tiro sen problemas. A partir de aí vas escollendo a modalidade que mellor se adapta a ti podes comprar o modelo de arco que queiras. Co paso do tempo e canta máis experiencia teñas vas arranxando o teu arco segundo as necesidades que ti vexas segundo te vas exercitando.

-Aínda así, profunda máis en cal foi o teu camiño para chegares até onde estás dentro deste deporte.

Empecei a competir nun verán cando xa levaba tres ou catro meses no clube. En concreto, foi nun torneo do clube de Alfoz, Castelarco, e desde aí até chegar ao campionato galego. Achegueime a ese torneo porque mo comentaran os compañeiros mais eu estaba nervoso, dubidaba, mais foi a primeira experiencia e sempre a recordas con agrado. Dous ou tres meses despois xa participei nun Campionato Galego en Teo, e alí xa conseguín unha medalla de ouro. A partir de aí fun a máis competicións e iso permíteche coñecer outros deportivas cos que compartes experiencias tanto a nivel galego como estatal.

-Que lle recomendarías ás persoas que queren entrar neste deporte e, sobre todo, se se empeza nun clube ou se podes comezar por iniciativa propia e se tes que pedir un permiso para ter o arco?

Primeiro buscar un clube e inscribirse, senón pois como facemos aquí. As persoas poden vin e probar un tempo coa nosa axuda. Se finalmente unha persoa quere inscribirse facémoslle a tarxeta federativa e a de membro do clube.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...