Un corpo sen vida foi localizado este sábado pola Garda Civil flotando nun baixo anegado dun edificio en ruínas de Cervo.
Tal e como trasladou o 112 Galicia no seu boletín informativo, ás 21:30 horas do sábado os axentes deron o aviso do achado do cadáver, localizado nun edificio abandonado situado en Lieiro, na estrada que une Río Covo e San Cibrao.
Desde o 112 pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Actualmente, a Garda Civil traballa para identificar á vítima e esclarecer as causas do suceso.
