InicioOccidentalCervoCervo e o sector apícola colaboran para facer fronte á velutina

Cervo e o sector apícola colaboran para facer fronte á velutina

Dende o Goberno local subliñaron a importancia de manter unha comunicación directa e constante coas persoas apicultoras, co fin de dar resposta ás súas necesidades e apoiar o seu traballo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo convocou para este luns un encontro coas persoas apicultoras do municipio co obxectivo de analizar en profundidade a situación actual da avespa velutina, así como o seu impacto nas colmeas e na produción apícola local.

Durante a xuntanza, na que participou a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, púxose en común a evolución da praga nos últimos meses, así como as principais preocupacións do sector, facendo fincapé na necesidade de continuar impulsando medidas preventivas e de control que contribúan a minimizar os danos provocados por esta especie invasora. Neste sentido, dende o Goberno local subliñaron a importancia de manter unha comunicación directa e constante coas persoas apicultoras, co fin de dar resposta ás súas necesidades e apoiar o seu traballo.

Tal e como explicou, “dende o Concello seguimos traballando da man das persoas apicultoras porque somos plenamente conscientes da importancia do seu labor e do impacto que a velutina está a ter nas súas explotacións”. Así mesmo, engadiu que “é fundamental actuar na primavera, que é o momento clave para frear a expansión da praga, e por iso reforzamos esta campaña de entrega de atraentes”.

Méndez tamén puxo en valor o traballo realizado nos últimos anos, destacando que “levamos desenvolvendo esta iniciativa dende o ano 2017, e grazas á colaboración co sector conseguimos mellorar a resposta fronte á velutina”. Ademais, incidiu en que “imos seguir escoitando ás persoas afectadas e adaptando as medidas ás súas necesidades para que sexan o máis eficaces posible”.

Precisamente, no marco desta reunión celebrada este luns, procedeuse á entrega de produto atraente de balde ás persoas asistentes, co obxectivo de actuar de maneira directa sobre as raíñas durante a primavera, período clave no ciclo desta especie. Esta actuación resulta fundamental para reducir a formación de novos niños nos meses posteriores e, en consecuencia, limitar a expansión da praga no territorio.

 

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...