InicioOccidentalCervoCervo acollerá a III Ruta Cabalar o domingo 5 de abril

Cervo acollerá a III Ruta Cabalar o domingo 5 de abril

A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo salientar a importancia deste tipo de iniciativas “que contribúen a dinamizar o noso concello e a poñer en valor o noso entorno natural desde unha perspectiva diferente”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo será o escenario da III Ruta Cabalar, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de abril, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do propio Concello.

A saída está programada para as 10:00 horas desde o polideportivo de San Román, punto de inicio dun percorrido pensado para desfrutar da contorna natural e da afección polo mundo ecuestre. Durante a ruta, haberá un aperitivo para os participantes a metade do traxecto, nunha xornada que combinará deporte, natureza e convivencia.

Unha vez rematada a ruta, a actividade continuará no polideportivo con sesión vermú e baile amenizado por Disco Móbil Conxuro. Ademais, celebrarase un xantar aberto tanto ás persoas inscritas na ruta como a quen desexe asistir, con ou sen cabalo. O menú estará composto por paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito. O prezo do xantar será de 28 euros para adultos e 13 euros para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. 

A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo salientar a importancia deste tipo de iniciativas “que contribúen a dinamizar o noso concello e a poñer en valor o noso entorno natural desde unha perspectiva diferente”. Ademais, destacou o labor da asociación organizadora, “un colectivo implicado que, coa súa ilusión e traballo, está conseguindo consolidar esta cita no calendario local”.

Así mesmo, animou a veciñanza e visitantes a participar nesta xornada, “pensada para desfrutar en boa compañía, tanto para as persoas afeccionadas ao mundo ecuestre como para quen simplemente queira pasar un día distinto en Cervo”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...