InicioOccidentalCervoCervo abre o prazo de inscrición para unha nova edición de "Cervo...

Cervo abre o prazo de inscrición para unha nova edición de “Cervo Concilia” en Semana Santa

Co obxectivo de trasladar toda a información sobre esta nova convocatoria, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo un encontro na Casa da Cultura coas ANPAS dos dous centros educativos do municipio, o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abre este xoves o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do programa Cervo Concilia en Semana Santa, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. As inscricións poderán formalizarse ata o 24 de marzo na Casa da Cultura ou no Concello.

Co obxectivo de trasladar toda a información sobre esta nova convocatoria, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo un encontro na Casa da Cultura coas ANPAS dos dous centros educativos do municipio, o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz. Durante a reunión abordáronse os detalles do programa, os prazos de inscrición e diferentes cuestións de interese para a comunidade educativa.

Ademais, no encontro tamén se tratou o funcionamento doutros programas municipais vinculados á conciliación, como Cervo Madruga, que tamén se desenvolve dentro do programa Corresponsables en Cervo, ao igual que Cervo Concilia.

Segundo trasladaron durante a reunión, Cervo Madruga está a funcionar moi ben por segundo curso consecutivo, converténdose nun recurso moi valorado polas familias do municipio. Trátase dunha iniciativa que xurdiu da colaboración entre as ANPAs e o Concello de Cervo, co obxectivo de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias antes do inicio da xornada escolar.

Estamos moi satisfeitos coa acollida que está tendo Cervo Madruga, que xa vai polo seu segundo curso con moi boa resposta das familias. É unha iniciativa que naceu da colaboración entre as ANPAs e o Concello, e que demostra que traballar da man é chave para poder poñer en marcha recursos útiles e necesarios para a veciñanza”, afondou.

A alcaldesa quixo destacar a importancia deste tipo de programas para apoiar ás familias cervenses, “desde o Concello seguimos apostando por iniciativas que axuden ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar, especialmente durante períodos non lectivos como é a Semana Santa”, sinalou Dolores García Caramés.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...