InicioOccidentalCervoCervo acollerá a IV Gran Festa das Xeracións para o próximo 4...

Cervo acollerá a IV Gran Festa das Xeracións para o próximo 4 de abril

Publicada o

- Advertisement -

O club de trail A Fume de Carozo, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza a IV Gran Festa das Xeracións, unha iniciativa pensada para reunir persoas de distintas idades nunha xornada de convivencia e celebración interxeracional.

O evento celebrarase o sábado 4 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Cibrao. A programación comezará cunha sesión vermú ás 14:00 horas e continuará co xantar ás 15:00 horas.

A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, xunto con varios membros do club organizador, que destacaron o carácter aberto e participativo desta proposta, pensada para fomentar os reencontros e fortalecer os lazos entre xeracións.

A festa manterá o formato que caracterizou as anteriores edicións, cun xantar no que os asistentes se organizarán en mesas segundo a súa década de nacemento, unha fórmula que facilita compartir a xornada con persoas da mesma xeración e tamén coñecer nova xente.

O menú terá un custo de 35 euros para as persoas non socias e de 30 euros para as socias do club. Os tíckets poden adquirirse ata o 30 de marzo en diferentes establecementos hostaleiros da zona.

A xornada completarase con música en directo da man de Conxuro, ademais de sorpresas e sorteos para os asistentes.

Desde a organización animan á veciñanza da Mariña a participar nesta iniciativa, que busca consolidarse como un punto de encontro festivo para compartir un día diferente entre xeracións.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...