InicioOccidentalCervoCervo acollerá o I Campus de Semana Santa de Natación Artística

Cervo acollerá o I Campus de Semana Santa de Natación Artística

O Concello de Cervo continúa reforzando a súa aposta pola organización de eventos deportivos e pola promoción do deporte base

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo será sede do I Campus de Semana Santa de Natación Artística, unha iniciativa organizada pola Federación Galega de Natación, en colaboración coa administración local, dirixida a nenos e nenas nados entre 2011 e 2015 que estean federados nesta disciplina.

O campus desenvolverase do 28 de marzo ao 1 de abril na Piscina Municipal de Lieiro e contará coa dirección técnica de Sandra Montes, ademais da participación de adestradores de alto nivel.

Na presentación do evento participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, David Rodríguez; o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, e persoal municipal da instalación.

A alcaldesa destacou que “para nós é unha satisfacción que Cervo sexa sede deste primeiro Campus de Semana Santa de Natación Artística, unha actividade que permitirá aos mozos e mozas amantes desta disciplina adestrar e convivir no noso Concello e cun equipo técnico de primeiro nivel”.

A rexedora tamén puxo en valor as instalacións deportivas do municipio e o traballo de colaboración coas federacións deportivas, subliñando que “seguimos apostando por traer a Cervo eventos e actividades que fomenten o deporte base e que, ao mesmo tempo, contribúan a dinamizar o noso concello”.

O campus contará con 30 prazas, que se asignarán por orde de inscrición. O custo total será de 365 euros por deportista, incluíndo pensión completa, sesións de adestramento e actividades recreativas durante toda a estancia.

Con esta iniciativa, o Concello de Cervo continúa reforzando a súa aposta pola organización de eventos deportivos e pola promoción do deporte base.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...