InicioOccidentalCervoCervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

A alcaldesa, Dolores García Caramés, reafirma o seu compromiso constante na procura de solucións que permitan reducir o custe por usuario e sinala que a liquidación orzamentaria confirmada recentemente polo equipo técnico económico

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o incremento de prezos da residencia municipal, unha medida que contribuirá a aliviar a carga económica dos usuarios e das súas familias. Os bos resultados da liquidación do orzamento municipal do pasado exercicio, que veñen de confirmarse hoxe mesmo, permiten aproveitar o remanente de tesourería para incrementar a achega que a facenda local destina a este centro de titularidade municipal.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, reafirma o seu compromiso constante na procura de solucións que permitan reducir o custe por usuario e sinala que a liquidación orzamentaria confirmada recentemente polo equipo técnico económico, froito dunha xestión equilibrada e sostible da facenda local, permite agora incrementar o apoio municipal á residencia.
Este paso, que se formalizará no pleno municipal que se celebra a próxima semana, baixo a fórmula xurídica adecuada, confirma o traballo do goberno local por promover medidas destinadas a reducir custos e facilitar o acceso a servizos públicos esenciais para os seus veciños, tal e como se comprometeu. “Nós entendíamos o malestar das familias polo repentino incremento de prezos e non deixamos de traballar na procura dunha solución, á vez que blindabamos a continuidade dos servizos que se prestan na nosa residencia, cun novo contrato e cunha nova empresa provedora”.
García Caramés lembra que a semana pasada reuniuse coas familias e trasladou que estudaba fórmulas para abaratar o custe das prazas, pero que necesitaba tempo xa que o Concello está sometido a un plan económico financeiro durante dous anos. “Cinco días despois temos a solución sobre a mesa. Agradezo a paciencia de usuarios e familiares”
Falta de apoio da oposición
Pola contra, a rexedora lamenta o silencio da Deputación de Lugo administración á que demandou axuda, e que non foi quen de confirmar ningún apoio, mentres esta mesma institución anuncia que asumirá o cen por cen dos custos das residencias doutros concellos lucenses. García Caramés asegura que seguirá insistindo para que se concrete este apoio provincial.
A alcaldesa tamén lamentou a actitude dos grupos da oposición —socialistas e nacionalistas— que, lonxe de colaborar na procura de solucións, quixeron facer do novo contrato da residencia un tema de conflito e de aproveitamento partidista. Reprocha que non fixeran fronte común á hora de reclamar á Deputación un apoio similar ao que presta a outros municipios. Censura tamén que o BNG fale de “opacidade e escurantismo” en todo o proceso cando se trata dunha licitación que leva meses publicada nos portais públicos de contratación, onde son accesibles todos os datos económicos, condicións e criterios. “O que non podemos é facer o traballo da oposición, que por non informarse, nin sequera consulta as webs públicas”.
Con todo, García Caramés prefire quedarse co positivo e sinala que este novo paso do Goberno local de Cervo busca, unha vez máis, dar resposta ás demandas cidadás, mantendo a política social como un dos eixes fundamentais da xestión municipal.

ÚLTIMAS