InicioOccidentalCervoO BNG de Cervo reclama información sobre o contrato da Residencia e...

O BNG de Cervo reclama información sobre o contrato da Residencia e Centro de Día

Os nacionalistas insisten en que o seu obxectivo é que se aseguren os estándares de calidade e actividade asistenciais en todas as residencias de atención a persoas maiores

Publicada o

- Advertisement -

O BNG vén de solicitar no concello a a totalidade do expediente do “Acordo de adxudicación do contrato de concesión do Servizo Muncipal de Residencia e Centro de Día do Concello de Cervo”. No pleno do pasado 24 de febreiro o Partido Popular levou a aprobación a Ordenanza Reguladora da Prestación Patrimonial Pública non Tributaria do Servizo Municipal de Residencia e Centro de Día do Concello de Cervo.

Unha suba que é unha estafa amparada nunha licitación

Este servizo do que é titular o concello cervense con 54 prazas de residencia e 25 de centro de día, préstase mediante contrato de concesión de servizos e o correspondente acordo de adxudicación despois da nova licitación foi o que fixo saltar as alarmas entre os familiares das persoas usuarias ao ver como na ordenzanza presentada en pleno contemplaba unha suba dun 44%, pasando de pagaren 1.500€ a pagar 2.100€. Desde o BNG consideran “que esta suba é unha estafa amparada nunha licitación”.

Transparencia e reunión coas familias

Ante esta situación o BNG votou en contra da ordenanza no pleno do pasado 24 de febreiro e demanda toda a información ao respecto “O proceso que está a levar o concello coa nova adxudicacion non tén nada de trasparencia, pois nin se deu información aos grupos de oposición nin ás familias das persoas usuarias, e o acordo de adxudicación do contrato de concesión fíxose na Xunta de Goberno Local, un órgano donde só participan membros do goberno, por eso queremos que nos faciliten toda a información ao respecto” manifestou o concelleiro nacionalista David Villares que afirmou tamén que “os primeiros que tenen que ter toda a información son os familiares dos usuarios, porque ata agora foron ignorados polo goberno do Partido Popular. Nós reunirémonos con eles para colaborar na procura dunha solución para que a suba contemplada non recaía na súa totalidade nas economías familiares”

Os nacionalistas insisten en que o seu obxectivo é que se aseguren os estándares de calidade e actividade asistenciais en todas as residencias de atención a persoas maiores, con independencia da súa titularidade e nas que se garanta o dereito a unha vellez digna e cun sistema público de coidados forte e cuns prezos axeitados á realidade económica das familias.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...