InicioOccidentalCervoOs Brincos Musicais de Cervo comezan con máis de 30 nenos e...

Os Brincos Musicais de Cervo comezan con máis de 30 nenos e nenas inscritos

O programa estrutúrase en dous grupos: un de estimulación temperá para nenos e nenas de 0 a 3 anos, e outro de iniciación musical dirixido a participantes de 4 a 7 anos

Publicada o

- Advertisement -

Os Brincos Musicais do Concello de Cervo arrIncaron este mércores cunha excelente acollida, superando os 30 nenos e nenas inscritos entre os dous grupos organizados por idades.

Esta nova proposta inclúese dentro do programa municipal de conciliación Brincos de Lecer, unha iniciativa pensada para ofrecer actividades educativas e lúdicas para os máis pequenos.

As sesións celébranse na Casa do Mar e están impartidas pola musicoterapeuta María Fuente García. O programa estrutúrase en dous grupos: un de estimulación temperá para nenos e nenas de 0 a 3 anos, e outro de iniciación musical dirixido a participantes de 4 a 7 anos.

Durante esta primeira xornada, os pequenos tiveron a oportunidade de experimentar e descubrir diferentes instrumentos musicais, explorar sons e ritmos e participar en xogos musicais adaptados ás súas idades, nun ambiente creativo e participativo.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse tamén ata a actividade para compartir uns intres cos nenos e nenas neste primeiro día, comprobando de primeira man o bo ambiente das sesións e o entusiasmo dos participantes, que gozaron moito da experiencia e destacou a gran resposta das familias a esta iniciativa, que “busca fomentar o desenvolvemento sensorial, a creatividade e o contacto coa música desde idades temperás, tendo en conta todos os beneficios que esta aporta en todos os sensos”.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...