InicioOccidentalCervoRegresan os Petiscos a Cervo da man da súa hostelaría

Regresan os Petiscos a Cervo da man da súa hostelaría

Tamén Cervo celebrará a XXXIII Festa do Ourizo o sábado 7 de marzo

Publicada o

- Advertisement -

 

A hostelaría de Cervo, en colaboración co Concello de Cervo, pon en marcha unha nova edición dos Petiscos, unha iniciativa gastronómica que regresa este venres 6 de marzo coa participación do Caseto de Copa e da Pousada O Almacén, co obxectivo de dinamizar a hostelaría local e fomentar o consumo nos establecementos do municipio.

A nova edición foi presentada na Casa do Concello coa presenza da alcaldesa, Dolores García Caramén, e de Elsa Fernández e Tomás Mariño, en representación dos locais participantes.

Como principal novidade desta tempada, ademais da tapa habitual, cada venres ofrecerase tamén unha pulga, ampliando así a proposta gastronómica .

A iniciativa desenvolverase ao longo da tempada e, como incentivo á participación, ao remate da ruta sortearase un lote de viño e un xamón entre todas as persoas que participen.

Tapas do venres 6 de marzo

Para este primeiro venres, as propostas culinarias serán as seguintes:

Pousada O Almacén

Tapa: Caldeirada

Pulga: Lombo con queixo

Caseto de Copa

Tapa: Lombo ao gorgonzola con arroz branco

Pulga: Mini burguer

Dende o Concello de Cervo anímase á veciñanza e ás persoas que visiten o municipio a participar nesta proposta culinaria, apoiar á hostalaría local e desfrutar dos venres con sabor a Cervo.

 

CONCELLO DE CERVO CELEBRARÁ A XXXIII FESTA DO OURIZO O SÁBADO 7 DE MARZO

Poderán degustarse as mellores receitas de ourizo nos locais participantes: O Noso Lar, As Titas, O Faro, bar El Puerto, Bodega de Ana, Maruxaina, Cervecería A Penúltima e Bar Habana

Haberá tamén showcooking a partir das 12.00 horas na carpa da Praza dos Campos da man de Bruno Pena, da Asociación Provincial Cociñeiros Lugo, Juan Rubiños, Grupo Il Farabutto e Pablo Vila de Oca Hotels, con degustación de ourizo cocido na carpa da man da asociación Mistura

A xornada estará amenizada por Fol do Raxal, e as charangas Fuego Street Band e Os Atrevidos. Xa pola noite a verbena correrá a cargo da orquestra Cordosom

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...