InicioOccidentalCervoCervo presenta o III Festival do Guioncho que se celebrará o 1...

Cervo presenta o III Festival do Guioncho que se celebrará o 1 de abril

Publicada o

- Advertisement -

 

O III Festival do Guioncho celebrarase o mércores 1 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Cibrao, consolidándose como unha das citas festivas máis destacadas do calendario local.

O evento foi presentado pola alcaldesa Dolores García Caramés, pola concelleira Mali Méndez e por membros da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, organización encargada do evento que contará cun cartel de primeiro nivel encabezado por El Combo Dominicano, a xira WAYKAS Survivor Tour da Orquestra Waykas, e DJ Pablo Conxuro, que será o encargado de pechar a noite.

A entrada anticipada terá un prezo de 10 euros, mentres que en taquilla será de 12 euros. As entradas poderán adquirirse nos locais comerciais habituais ou o propio día do evento.
A apertura de portas está prevista para as 22:30 horas.

O festival desenvolverase nun recinto cuberto con carpa e haberá servizo de autobuses para facilitar o desprazamento das persoas asistentes.

Desde o Concello de Cervo animan a veciñanza e visitantes a participar nesta nova edición do Festival do Guioncho, que promete unha noite de música, baile e diversión na Semana Santa cervense.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...