InicioOccidentalCervoExposición 'Azores: Oasis Atlántico' no IES Marqués de Sargadelos

Exposición ‘Azores: Oasis Atlántico’ no IES Marqués de Sargadelos

A exposición Azores: Oasis Atlántico poderá visitarse ata o 8 de marzo, polo que aínda permanece aberta ao público durante esta semana, nos horarios habituais.

Publicada o

- Advertisement -

 

O alumnado de 1º da ESO do IES Marqués de Sargadelos participou este luns nunha actividade educativa arredor da exposición fotográfica Azores: Oasis Atlántico, do fotógrafo Anxo Cao, que se pode visitar na Sala Xosé Vizoso, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, no edificio das Carboeiras.

A iniciativa, impulsada polo Concello en colaboración co IES Marqués de Sargadelos e co propio autor da mostra, tivo como finalidade achegar esta exposición ao alumnado e facilitar un contacto directo coa biodiversidade do Océano Atlántico, ao tempo que se promove a educación ambiental e o respecto polo medio mariño.

A actividade comezou cunha charla introdutoria, na que Anxo Cao explicou o proceso da fotografía subacuática, o contexto das imaxes e as principais características das especies retratadas. O alumnado amosou un elevado nivel de interese, participou activamente e formulou numerosas preguntas ao autor; e a continuación fixeron un percorrido polas instantáneas que compoñen a mostra.

Desde o Concello destacouse a importancia deste tipo de iniciativas educativas.

“Consideramos fundamental achegar a cultura, a ciencia e a concienciación ambiental á xente nova, empregando espazos e propostas de calidade como esta exposición, que permite aprender dun xeito directo e visual”, destacando a boa acollida da actividade por parte do alumnado.

Desde o Concello tamén agradecemos a colaboración do IES Marqués de Sargadelos, así como a implicación e dispoñibilidade de Anxo Cao, “cuxa participación foi clave para converter a visita nunha experiencia educativa enriquecedora e participativa”.

A exposición Azores: Oasis Atlántico poderá visitarse ata o 8 de marzo, polo que aínda permanece aberta ao público durante esta semana, nos horarios habituais.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...