InicioOccidentalCervoCervo inviste máis de 20.000 euros para a mellora do vial interior...

Cervo inviste máis de 20.000 euros para a mellora do vial interior de Lieiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo está a levar a cabo as obras de reparación e mellora do firme do vial que comunica o núcleo interior do Lieiro, unha actuación destinada a incrementar a seguridade viaria e a durabilidade da calzada.

Os traballos contan cun orzamento de máis de 20.000 euros, que serán financiados con remanente de tesourería municipal, permitindo así mellorar as infraestruturas locais sen recorrer a novas fontes de financiamento externo.

O vial, de uso habitual pola veciñanza, presenta un pavimento que, debido á súa antigüidade e ao tráfico que soporta, precisa dunha renovación integral. A actuación contempla o bacheo previo das zonas deterioradas previo á renovación da capa de rodadura, así como a limpeza e saneamento das cunetas existentes mantendo en todo momento a cota orixinal do pavimento.

A intervención realízase no tramo interior do núcleo de Lieiro ata o cruce coa estrada provincial LUP-1507, cunha lonxitude aproximada de 283 metros e unha anchura media de 4,5 metros, mellorando de xeito notable as condicións de circulación para os veciños e veciñas do Cervo.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou os traballos acompañada dos edís Alfredo Fernández e Adrián Arias, e de membros da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro, e destacou que “esta actuación responde a unha demanda veciñal e permite mellorar a seguridade e o estado dun vial moi utilizado no día a día pola xente de Lieiro”. Ademais, puxo en valor o uso de fondos propios para este tipo de investimentos: “Grazas ao remanente de tesourería podemos seguir mellorando as infraestruturas municipais con responsabilidade económica, dando resposta ás necesidades reais da veciñanza”.

A rexedora municipal engadiu tamén que “con esta obra mellórase a durabilidade do firme e as condicións de circulación, garantindo un vial máis seguro e en mellores condicións”, reafirmando así o compromiso do Concello coa mellora continua dos servizos e infraestruturas municipais.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...