InicioOccidentalCervoCervo achegará a música ás crianzas con Brincos Musicais

Cervo achegará a música ás crianzas con Brincos Musicais

Con esta proposta, o Concello reforza a súa aposta por ofrecer alternativas educativas e de lecer saudables, promovendo espazos de aprendizaxe e convivencia para as familias do municipio.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo achegará a música ás crianzas desde as idades máis temperás dentro da nova actividade Brincos Musicais, dentro do programa infantil Brincos de Lecer.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou a nova actividade que aposta pola estimulación e a formación musical desde as primeiras idades nun acto no que tamén participou a musicoterapeuta María Fuente García, encargada de impartir as sesións.

A iniciativa desenvolverase os mércores na Casa do Mar e está estruturada en dous grupos diferenciados por idades. De 16.00 a 17.00 horas terá lugar o obradoiro de Iniciación Musical, dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos, mentres que de 17.00 a 18.00 horas celebrarase o programa de Estimulación Temperá, pensado para crianzas de 0 a 3 anos.

Tal e como explicou a rexedora, o obxectivo desta actividade é “fomentar o desenvolvemento integral da infancia a través da música, potenciando capacidades como a coordinación, a expresión corporal, a creatividade e a socialización”, destacando a importancia do contacto temperán coa música como ferramenta para estimular o desenvolvemento cognitivo, emocional e sensorial.

As sesións incluirán xogos musicais, experimentación con instrumentos, dinámicas de ritmo e movemento, así como actividades adaptadas ás diferentes etapas evolutivas dos participantes.

O inicio do programa está previsto para o mércores 4 de marzo. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982 59 51 57.

Con esta proposta, o Concello reforza a súa aposta por ofrecer alternativas educativas e de lecer saudables, promovendo espazos de aprendizaxe e convivencia para as familias do municipio.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...